Misión
OBXECTIVOS
En xeral, a nosa misión está aliñada co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 4 – Educación de Calidade, en particular cunha das medidas que a ONU considera esencial para a súa consecución: adoptar a transformación dixital.
Desde unha perspectiva máis específica, o GID Virtualia pretende mellorar a docencia universitaria mediante o uso de sistemas de xestión da aprendizaxe ou contornos virtuais de aprendizaxe. En particular, propoñemos incorporar á nosa docencia todas aquelas ferramentas de Moodle que sexan adecuadas para as materias que impartimos.
RESULTADOS ESPERADOS
Adopción de estratexias didácticas innovadoras.
Mellorar a experiencia de aprendizaxe do alumnado.
Cooperación interdisciplinar dentro do grupo.
Maior implicación do profesorado nas tarefas de innovación docente.
Aumento do nivel de competencia dixital do profesorado, e da súa satisfacción co seu traballo.